Hoxe tiveron lugar as entrevistas das persoas que foron seleccionadas para acceder a entrevista para optar a un dos 40 postos ofertados para a limpeza de praias. As probas tiveron lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán, as preguntas que lle facían eran relativas a onde habían traballo antes outros o entrar so lle debía dar tempo a dicir ola e pouco máis pois non che tardaban nadiña en saír, e que claro malo seria que algúns dos 6 que conformaban as veces os tribunal de selección non os coñecera.
Pero ata aquí sería o normal neste tipo de procesos, pero unha vez que os seleccionen para eses postos han de saber que o soldo a percibir rolda os 400 € mensuais.
Claro que logo sae na prensa Salvador a dicir que o concello percibira 288.782,24 € para contratar a 15 peóns por 4 meses (100.818€); 12 persoas para o grumir: 3 capataces e 9 peóns durante 6 meses e medio (134.241,89€) e 15 socorristas durante 3 meses (72.525,15€) dentro do plan de Cooperación, plan no cal si vai haber un salario digno.
Pero logo atopámonos coa circunstancia que vai haber persoas contratadas para o mesmo servizo cunha diferencia salarial importante, porque aos 15 socorristas de dito plan sumaránselle os 59 que contrata o concello. ¿traballadores de primeira e de segunda?
Inda de que nos imos a estranar si agora ten que ir o alcalde de Meaño a solicitarlle a Hernández a depuradora para o polígono de Sanxenxo, xa sei que moitos diran que é porque Meaño ten previsto facer un polígono a continuación do de Sanxenxo, pero a realidade é que a depuradora mancomunada de Meaño non ten capacidade para os verquidos do polígono e o polígono precisa unha Edar para a sua posta en funcionamento ou ¿quererán usar o rio da Chanca como aliviadoiro?.
Sera que tanto paseo a Santiago da señora Alcaldesa, agora que aprendeu o camiño, se lle esqueceu pedir esto ou o mellor tiña pensado ir para a semana a consellería outra vez e darse unha volta pola capital.
Si o final terán que vir os alcaldes da comarca a recordarlle a alcaldesa as necesidades de Sanxenxo, debe ser que non se lle repiten a míudo.
viernes, 19 de junio de 2009
Outra cafrada máis
¿Sabedes que obra vai custar 191.371,29€ sen IVE? Pois nada menos que os arranxos do aparcadoiro do porto de Sanxenxo.Unhas reparacións dunha obra que foi inaugura en novembro do 2005 e que xa empeza a pedir reparacións.O porto deportivo foi construído por Sercoysa e agora 4 anos despois necesita arranxos que vai custear o concello a través da sociedade Nauta Sanxenxo SL pero o que me parece máis grave é que se pague por algo que esta dentro do prazo da Garantía de Obra ou ¿acaso eximiron a esta empresa de dita garantía? Porque senón a única explicación é que o grupo de goberno non ten capacidade para esixir dita Garantía.Pois con tanto viaxe a Santiago a alcaldes ben lle podería pedir ao Conselleiro Hernández que lle solventase o problema pois mellor conexión entre Sercoysa e concello creo que non a vai atopar. Claro que así volve deixar patente a sua falta de capacidade para xestionar os recursos do concello como para facer valer as garantías e os dereitos que ten o concello.
Pero para colmo inda queda o seguinte: “4.1.- O prazo de execución das obras será o que resulte da oferta do adxudicatario, sen que en ningún caso poida exceder de tres meses (3).4.2.- O prazo de execución das obras contarase a partir do día seguinte á data deformalización da acta de comprobación de replanteo, feito éste que se producirá dentro
dos dez días naturais seguintes ao de formalización do contrato administrativo.” é dicir que as obras comezaran en tempada alta de turistas, claro como xa hai tantas prazas de aparcadoiro non hai problema en anular algunhas para poñer os andamios e demais apeiros de traballo. Non pasa nada, así os turistas poderán ver que en Sanxenxo mellóranse os servizos, claro o que non saben é en que condicións.Xa me gustaría saber a min si os 4 anos de ter os seus fogares o grupo de goberno e teñen problemas de obra estarían dispostos a pagar os amaños do seu bolsillo ou ben chamarían o construtor para que llos amañase a través da garantía, pero claro neste caso os cartos saldrían dos seus petos e hai doe pero no caso do aparcadoiro como son cartos de tódolos veciños pois pagan os desperfectos e así poden vender que grazas a súa xestión o aparcadoiro volve locer unha cara como a do primer día que se usou.E Intervención ¿que di?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)